A BELEZA NA MEMORIA DUN CARBALLO

Todos temos unha historia na nosa vida. Dende que nacemos, vamos creando unha serie de recordos que nos fan ser como somos. As árbores que atopamos nas nosas aldeas e nos nosos montes, tamén teñen a súa propia historia, e se nos paramos un momento a observalos, podemos darnos de conta, en moitas ocasións, que non foi fácil para eles a supervivencia. O Quercus robur que vos veño a mostrar nesta entrada tivo unha vida moi difícil. Foi quen de sobrevivir a un incendio forestal fai moitos anos e ademais, como podemos observar nas imaxes, ten unha serie de cicatrices derivadas de outros fenómenos: 1. O oco que podemos observar no seu tronco foi froito dun raio que lle caeu hai máis de 50 anos. Iso non detivo a esta árbore para seguir crecendo, xa que vemos que ten una altura e un diámetro cons iderables. 2. A rama seca que ten no...