FLORA NEMORAL

Nesta entrada tentaremos, por unha banda, analizar o traballo feito pol@s compañeir@s, así como ofrecervos unha explicación e clasificación moi breve sobre este tipo de vexetación.
Antes de nada, explicarvos, que flora nemoral é aquela que aproveita a luz que deixa pasar o bosque caducifolio ao final do inverno, para florecer. Estas especies caracterízanse por ter unha floración temperá, nos meses de febreiro-marzo, cando o sol proporciona enerxía suficiente, pero inda non brotaron as follas das árbores.

En primeiro lugar, dos traballos enviados, houbo varios de vos que coincidieron en:
                 Viola sp. Unha das máis comúns, Viola rivinniana, en bosques preto das correntes de auga, da familia Violaceae, subclase Dilleniidae. Foto de Mikel



                 Primula acaulis. Moi común en zonas máis aclaradas, incluso prados próximos a bosques de frondosas caducifolias. Primulaceae. Subclase Dilleniidae. Foto de Mikel (arriba dereita)
             
Ranunculus ficaria, Ranunculus repens. A primeira típica de bosques de frondosas nas proximidades dos ríos, e a segunda en zonas ricas en auga. Ranunculaceae. Subclase Magnolidae. R. ficaria, foto Lorenzo
Mikel incorporou algunhamáis, das que seleccionei, Ajuga reptans, familia  Lamiaceae, subclase Asteridae, porque é a única que encaixa na definición de flora nemoral (dereita)
















José nos fala de varias especies de interese, entre as que destaco Euphornia hyberna (Euphorbiaceae; subclase Rosidae), como flora nemoral, en sentido estricto (arriba). Tamén incorpora outra especie que non pertencendo á flora nemoral, sí se comporta de xeito parecido: Fragaria vesca, Rosaceae, subclase Rosidae, por ter floración que pode iniciarse precozmente, pero logo se prolonga ata o final da primavera.




Varias especies do xénero Narcisus pertencen tamén a este grupo, das que Lorenzo atopou Narcissus asturiensis (Amaryllidaceae, Liliopsida).








Outras dúas especies deste xénero, incluídas dentro das nemorais, son: N. triandrus (flor blanca), N. cyclamineus (flor amarela).











Anemone trifolia, é unha Ranunculaceae nemoral que adoita achegarse ás correntes de auga (subclase, como sabedes, Magnolidae), e que ten, coma peculariedade amosar un periantio composto de 6 tépalos blancos (abaixo).

Outra especie nemoral da clase liliópsida, moi común nos bosques galegos, e a xuncacea (Juncaceae), Luzula sylvatica.












Por último, e como espectáculo digno de ser mencionado neste apartado de flores nemorais, mencionar a explosión de azul que acontece tódolos meses de marzo no bosque de faias de varios lugares entorno a Bruselas, motivada pola floración precoz da nemoral Hyacinthoides non-scripta (Liliaceae, Liliopsida) (dúas imaxes na base desta entrada)




















Enlaces de interese:

http://www.vivelanaturaleza.com/guia-de-la-naturaleza-flores-silvestres.php
http://naturalezaenasturias.blogspot.com/2010/05/nemorales.html
Sobre ameazas para este tipo de flora:
http://www.lifemedwetrivers.eu/sites/default/files/documentos/42_tradescantia_fluminensis.pdf

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Plantas parásitas: a póutega

A lontra e Lourizán (Pontevedra)