APLICANDO TEOREMAS SENO Y COSENO EN TOPOGRAFÍA I





Neste video poderes entender mellor como resolver o exercicio que planteamos coa entrada:

https://monteslourizan.blogspot.com/2020/03/combinando-manexo-coordenadas-con.html


sobre a aplicación dos Teoremas do seno e do coseno, enlazada coa topografía no ámbito de representación gráfica, coordenadas, distancias e acimuts.


Para poder seguir mellor as evolucións do video, pego aquí as fotos da resolución no meu cuaderno, que pode complementar o que veredes nos videos de Youtube. Xunto ao primeiro, no que se explica a representación gráfica e o cálculo de distancias, tedes un segundo no que se aplican os Teoremas do coseno e do seno para calcular os ángulos do triángulo formado polos tres puntos do enunciado, e incluso un tercero, no que se averigua o acimut de varias direccións.



Vídeos 2 e 3:






ATENCIÓN, DETECTADO ERRO AO FINAL DO EXERCICIO!! Unha compañeira detectou un erro e o puxo en comentarios. Eu ao principio non o vía, pero é certo, hai un erro ao calcular os ángulos a e b. Na fórmula está ben, pero ao realizar a división, crúzanse os resultados, co que o resultado é incorrecto. O tedes corrixido na seguinte imaxe (desculpade pola chapuza!)



Comentarios

  1. No último apartado do exercicio, os acimuts estarían mal. A inversa da tanxente de 8/9 da 46,259 e a inversa da tanxente de 0,1 da 6,345. Entonces os acimuts serían: acimut AB=206,345 grados centesimais e acimut AC=153,74 grados centesimais.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Gracias polo comentario. Equivocácheste e cruzaches os ángulos. Tedes que darvos conta de que C queda á dereita e por baixo de A, mentres B queda á esquerda e tamén por baixo de A. Ao mellor o orde alfabético levoute ao erro. No caso de AC, tes que restarlle a 200 o ángulo calculado, e no caso de AB, pola súa posición ao outro lado do eixo de ordenadas, tesllo que sumar. Se segues observando algo que non che casa, por favor, faimo saber. Un saúdo

      Eliminar
  2. Por favor, revisade a entrada do blogue. A persoa que remitiu o comentario tiña razón. Ao final tedes a corrección que coincide coa proposta feita pola compañeira. Lamento o erro

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Plantas parásitas: a póutega

A lontra e Lourizán (Pontevedra)