
Construíndo claves . Dentro da subclase Dilleniidae (clase Magnoliopsida ou dicotiledóneas) na que se inclúen especies coma o salgueiro ( Salix atrocinerea ), as cistáceas (en imaxe Tuberaria guttata e Cistus salvifolius ), a gabeadora Bryonia dioica , a famosa camelia e o torvisco ( Daphne gnidium ), tamén temos o orde de Ericales . Unha familia de grande interese dentro deste orde é Ericaceae , onde atopamos especies coma ..... Arbutus unedo (érbedo), Vaccinium myrtillus (arando), Calluna vulgaris (carpaza), Daboecia cantabrica (queiruga maior) e todas as carrascas, carrouchas, queirugas, quirogas e urces ... que se inclúen no xénero Erica . Erica é un xénero moi interesante por incluír especies típicas da matogueira galega, moitas melíferas, outras de interese pola súa madeira, e todas por aportar diversidade, alimento e acubillo para moitas especies de fauna. Á vista da segunte táboa, fai unha clave que...