Cómo é a inflorescencia de Iris (Limniris) pseudacorus ( espadana amarela ) ? Saen varias flores do mesmo gromo floral? A inflorescencia desta especie é unha cima, polo que non ten un eixo principal do que saen as unidades florais. En cada nó, pode haber un gromo, que pode chegar a desenvolver outra flor. Aquí van dous interesantes enlaces para coñecer mais sobre a espadana amarela, e outras especies de flora do NW peninsular: https://floradegalicia.wordpress.com/2018/11/22/iris-pseudacorus https://www.asturnatura.com/especie/limniris-pseudacorus.html http://www.floraiberica.es/floraiberica/texto/pdfs/20_185_03_Limniris.pdf Nas fotos que nos envía José, podemos observar a complexidade marabillosa desta flor, que ten dous verticilos periánticos (non distinguimos entre caliz e corola), composto cada un deles, de tres pezas, que coñecemos como tépalos. Por se isto non fose dabondo, tamén os estames e os estilos, teñen caracteres que imitan pétalos. En fin, desfrutade das imaxes,
Publicacións
Mostrando publicacións desta data: abril 19, 2020
- Obter ligazón
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
É Arisarum simorrhinum (herba dos candís) nemoral? Unha pregunta que fai un dos nosos alumnos. Aquí vos deixo a imaxe. O concepto de nemoral que vimos hai uns días, vai ligado a que sexa unha especie de bosque que aproveita a perda da folla do dosel arbóreo para recibir máis luz a finais do inverno para florecer ... Investiga sobre esta especie e comenta se che parece que estas especie poderiamos definila coma nemoral. Quizáis este enlace vos poida axudar: https://www.asturnatura.com/especie/arisarum-simorrhinum.html Foto de Jaime Niño
Que é isto que vemos?
- Obter ligazón
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
Aprendendo a observar ... as plantas! Nesta serie de entradas, aproveitando a capacidade de ver de cerca os detalles da morfoloxía das plantas, gracias ao mundo da fotografía, tentarei buscar detalles que nos axudan a entender como funcionan as diferentes especies de flora. Animádevos e engadide un comentario sobre o que vos parece que amosa a imaxe, captada en Aldán (Cangas do Morrazo-Pontevedra) hai 10 días.