Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xuño 14, 2020

A BELEZA NA MEMORIA DUN CARBALLO

Imaxe
Todos  temos   unha  historia  na   nosa  vida. Dende que nacemos, vamos creando  unha  serie de  recordos  que nos fan ser como somos.   As árbores que atopamos nas nosas aldeas e nos nosos montes,  tamén  teñen a súa propia historia, e se nos paramos un momento a observalos, podemos darnos de conta,  en moitas ocasións, que non foi fácil para eles a supervivencia.   O  Quercus   robur  que vos veño a mostrar nesta entrada tivo unha vida moi difícil.  Foi  quen de sobrevivir a un  incendio forestal fai moitos anos e ademais,  como podemos observar nas imaxes, ten unha serie de cicatrices derivadas de outros fenómenos:   1. O oco que podemos observar no seu tronco foi froito dun raio que lle caeu hai máis de 50 anos. Iso non detivo a esta árbore para seguir crecendo, xa que vemos que ten una altura e un diámetro cons iderables.   2. A rama seca que ten no lado esquerdo, moitos dirían que se debería cortar por razóns estéticas, sen embargo, dálle personalidade ao carballo,