Cómo é a inflorescencia de Iris (Limniris) pseudacorus (espadana amarela)? Saen varias flores do mesmo gromo floral?
A inflorescencia desta especie é unha cima, polo que non ten un eixo principal do que saen as unidades florais. En cada nó, pode haber un gromo, que pode chegar a desenvolver outra flor.
Aquí van dous interesantes enlaces para coñecer mais sobre a espadana amarela, e outras especies de flora do NW peninsular:
https://floradegalicia.wordpress.com/2018/11/22/iris-pseudacorus

https://www.asturnatura.com/especie/limniris-pseudacorus.html

http://www.floraiberica.es/floraiberica/texto/pdfs/20_185_03_Limniris.pdf

Nas fotos que nos envía José, podemos observar a complexidade marabillosa desta flor, que ten dous verticilos periánticos (non distinguimos entre caliz e corola), composto cada un deles, de tres pezas, que coñecemos como tépalos. Por se isto non fose dabondo, tamén os estames e os estilos, teñen caracteres que imitan pétalos. En fin, desfrutade das imaxes, e se vos apetece, engadide en comentarios ubicacións onde tedes observado esta especie


Fotos de José Ponte

Comentarios

  1. Es una flor actinomorfa, con dos verticilos.
    Respecto a la segunda pregunta no estoy seguro.

    Adjunto otro enlace de interés.
    http://www.floraiberica.es/floraiberica/texto/pdfs/20_185_03_Limniris.pdf

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Correcto Jaime! Trátase dunha flor actinomorfa, e dos gromos laterais, sae unha nova flor, pero deste primeiro pedúnculo floral, poden sair novos gromos que dean lugar a novas flores. É unha característica típica deste tipo de inflorescencias "cimosas".

      Eliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Plantas parásitas: a póutega

A lontra e Lourizán (Pontevedra)