METODOS DE MEDICIÓN TOPOGRÁFICA. ALTIMETRÍA-ERROS

Nesta entrada tentamos achegarnos ao cálculo de erros dende o método de medición altimétrica máis sinxelo: a nivelación simple. En concreto, nesta primeira entrada sobre este tema, nos centramos no erro a priori, como aquel que ven dado pola falla de exactitude do aparato, e polo método utilizado; é dicir, é calculable antes da saír a campo para facer o levantamento topográfico.


Explicamos os principais métodos altimétricos e planimétricos, para despois, centrarnos nos altimétricos.
Dentro dos métodos altimétricos, nos centramos na nivelación xeométrica simple, caracterizada por realizar as medicións de tódolos puntos dende un só emplazamiento para o equialtímetro.


Describimos a forma na que se calcula o erro a priori, e propomos unha tarefa despois de resolver varios exercicios sobre o cálculo dalgunas das compoñentes deste tipo de erro. En concreto, aprendemos a calcular o erro vertical, debido á falla de exactitude do nivel, e o erro de punteria, que depende do número de aumentos do aparato topográfico.
Tentamos distinguir o erro angular calculado do erro en lonxitude que é o que nos interesa finalmente, repasando o concepto de radián.



Velaí tedes o enlace á presentación que pode ser interesante para entender un pouco mellor que é iso dos erros en topografía.
PRESENTACIÓN MÉTODOS TOPOGRÁFICOS. Os erros en altimetría e cálculo do erro a priori

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Plantas parásitas: a póutega

A lontra e Lourizán (Pontevedra)