Presentando o blogue
Este blogue nace por e para @s alumn@s. Nestes días de aillamento, precisamos canles que nos acheguen, e porque non, un blogue.
O obxectivo destas primeiras entradas será manter o tono que acadamos dende o inicio do curso e ata o de agora, nun principio centrad@s en Topografía, Botánica e Xestión de Montes.
Detrás deste primeiro obxectivo, agáchase unha neceside de compartir, co resto da sociedade, as inquedanzas que xorden entorno ao mundo do monte en Galicia, tan rico e tan pobre.
O desexo é que tras estar primeiras entradas protagonizadas fundamentalmente polos profes, existan outras, nas que a autoría sexa do alumnado.
Así xordirán traballos, espero, de topografía, botánica, xestión de montes, que valan para espertar unha sociedade galega que necesita, urxentemente, repensar a paisaxe do seu monte, unha paisaxe "pouco utilizada".
Sirva de despedida desta primeira entrada, unha homenaxe a Lucas, ese alumno que perdimos sen coñecer o seu verdadeiro potencial, agachado por unha vida dura, que por outra banda non impidiu que loitase, non por acadar un título, se non por facer un camiño de aprendizaxe xunto a nós. Así o entendeu o noso xefe de estudios, Josemari, que soubo darlle a Lucas o acubillo que precisaba, nesta xa mítica Escola de Capataces de Lourizán (Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Lourizán).

Comentarios
Publicar un comentario