A lontra e Lourizán (Pontevedra)
A lontra e Lourizán (Pontevedra)
Hai uns días nos chegaba unha nova que se repite prácticamente tódolos anos. Outra lontra atropelada no percorrido Pontevedra-Marín: autovía, ferrocarril, estrada vella, son tres infraestruturas que fan difícil a comunicación das poboacións de lontra que aproveitan a rica ría do Lerez coma fonte de alimento, e se refuxian nas marismas e nos pequenos regatos que desembocan neste tramo da ría de Pontevedra. Parece ser que as lontras combinan o uso de embalses, onde poden atopar alimento abundante, co uso de ríos e regatos, onde atopan refuxios (ver enciclopedia virtual de los vertebrados españoles). Este podería ser o caso da ría de Pontevedra con respecto á Gandarela e o río Louriñas, espacios emblemáticos para a Escola de Capataces e unha das áreas onde o alumnado realiza as súas prácticas.
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/pontevedra/2020/04/13/atropellada-nutria-autovia-marin/00031586770857434180650.htm
Existen estudios que vinculan o aumento dos atropelos cun incremento da densidade da poboación de lontras, pero non sabemos se será este o caso, nin cal é o impacto dunha mortalidade, que segundo varias persoas interesadas, podería acadar cifras preocupantes (1-2 lontras por ano).
Buscando e buscando, fixádevos o que atopamos:
http://noroesteiberico.blogspot.com/2010/08/nutrias.html
Trátase do enlace ao blogue de Rubén Portas, exalumno da escola que estivo connosco (de forma virtual), nunha charla para os alumnos da Escola na que nos falou, xunto a Ivan Pérez, da súa profesión e do futuro do monte galego. Pois xa en 2010 era unha preocupación o tema dos atropelos; neste caso falamos de dous exemplares no acceso á autopista, e o autor do blogue se lamenta de que en total, coñecíanse 6 casos nos últimos anos.
Seguimos investigando, e a estes 6 casos se lle suma outro no 2013
Nutria atropelada cerca da depuradora. 16 marzo de 2013
Estes atropelos poñen enriba da mesa o impacto das infraestructuras lineais sobre a fauna salvaxe e a importancia de establecer medidas oportunas para reducir esta fragmentación de hábitat. Foi por isto que no curso 2018-2019 o alumnado do CFEA de Lourizán, do 2º curso do Ciclo superior de Xestión forestal e do medio natural, no módulo de Xestión cinexética, realizou un traballo sobre pasos de fauna, encadrado na mellora do hábitat das especies de fauna salvaxe. Para a realización deste estudo o alumnado contaba coas seguintes imaxes e información aproximada do lugar onde se atoparon os cadáveres de lontra.
Imaxe1. Carril da incorporación dende a autoestrada de Vigo-Santiago. Xaneiro do 2019.
Imaxe 2. Cerca da pasarela de madeira. Depuradora de Placeres. Xaneiro de 2018.
Comezouse por situar sobre o mapa os atropelos, con axuda das fotos e das imaxes do google maps. Estes puntos de atropelo represéntanse como puntos vermellos no seguinte plano:
Con esta información, e coa axuda dos Sistemas de información xeográfica (SIX), o alumnado estableceu os posibles percorridos que puideron seguir as lontras atropeladas. Debido á repetición nos puntos de atropelo estableceuse con bastante seguridade unha teoría sobre os puntos de acceso da Lontra á estrada. A teoría para a zona do atropelo da imaxe 1 foi a seguinte:
O camiño que emprega a lontra con normalidade é o 1-2-5, cruzando as vías de comunicación polas canles soterradas. Este camiño é o máis empregado e o máis seguro para a lontra.
O paso seguinte foi a inspección dos puntos propostos polo alumnado, e efectivamente detectouse que, ou ben os valados perimetrais eran defectuosos ou simplemente non existían nalgunhas zonas.
Polo tanto as propostas que realizou o alumnado de cara a solucionar a problemática dos atropelos nesta zona foron as seguintes:
Froito da realización deste traballo agromou no alumnado e profesorado a necesidade de continuar traballando na redución da fragmentación provocada polas vias lineais de comunicación. Pero...que é iso da fragmentación do hábitat? Como se recolle no Manual COST 341. Fauna y tráfico as redes de transporte dividen os hábitats naturais en fragmentos illados e crean barreiras entre eles, o que provoca a redución do hábitat para moitas poboacións e dificulta os desprazamentos, impedindoos ou provocando mortes por atropelos.
Parte do impacto desta fragmentación na zona de estudo o vemos representado nestas dúas novas:
Atropelos de fauna salvaxe en Pontevedra
Accidente provocado pola fauna salvaxe
Outras administracións toman medidas para evitar esta mortandade que está minguando unha poboación non suficientemente estudiada como para saber cal é a repercusión sobre a mesma.
https://www.lanzadigital.com/castilla-la-mancha/un-proyecto-pionero-busca-reducir-los-atropellos-de-nutrias-en-peralbillo/
Agardamos non ter outra nova no xornal sobre atropelos de lontras na estrada de Marín-Pontevedra, xa que iso podería significar que se tomaron as medidas oportunas para reducir o impacto desta vía de comunicación sobre a fauna salvaxe. Estas medidas cremos deben incluír: a mellora do paso que sabemos utilizan as lontras para optimizar o seu funcionamento (anchura e profundidade da lámina de auga), o arranxo do valado que evite que as lontras poidan acceder ás diferentes estradas, en especial no punto sinalado polo alumnado, e por último, o aviso a usuari@s destas estradas da necesidade de reducir a velocidade pola presencia destes animais. Propomos ademáis, que se aproveite a oportunidade de por en valor esta especie, sinal de boa calidade das augas, e que noutras cidades europeas utilízase coma certificación dunha boa xestión no referente a conservación da biodiversidade.

Fonte: Imaxe extraída do proxecto presentado por Christhiam Velasquez Arias
Con esta información, e coa axuda dos Sistemas de información xeográfica (SIX), o alumnado estableceu os posibles percorridos que puideron seguir as lontras atropeladas. Debido á repetición nos puntos de atropelo estableceuse con bastante seguridade unha teoría sobre os puntos de acceso da Lontra á estrada. A teoría para a zona do atropelo da imaxe 1 foi a seguinte:
Fonte: Imaxe extraída do traballo de Hugo Pérez Fontán.
O camiño que emprega a lontra con normalidade é o 1-2-5, cruzando as vías de comunicación polas canles soterradas. Este camiño é o máis empregado e o máis seguro para a lontra.
A lontra da imaxe 1 foi atropelada no punto A, e seguiu o camiño 1-2-3-4. A explicación de que a lontra poida desviarse ao punto 3 podería ser, entre outras, a persecución dalgunha presa, ou mesmo que o desbordamento do sumidoiro situado nesa zona a faga desviarse, saindo neste caso pola canle entre os puntos 2-3, e incorporándose ao camiño de servizo (valado defectuoso) da autovía para ser atropelada finalmente no punto A.
Imaxe 3. Sumidoiro desbordado
O paso seguinte foi a inspección dos puntos propostos polo alumnado, e efectivamente detectouse que, ou ben os valados perimetrais eran defectuosos ou simplemente non existían nalgunhas zonas.
Polo tanto as propostas que realizou o alumnado de cara a solucionar a problemática dos atropelos nesta zona foron as seguintes:
- Instalacións de avisos e de redución de velocidade nos puntos de atropelo.
- Arranxar o valado defectuoso do punto 4 e implementar novo valado que impida ás lontras e outros animais o acceso á estrada.
- Implementar un paso de fauna subterráneo ou adaptar a drenaxe existente como paso de fauna. Neste senso, parece se que as lontras adoitan cruzar carreteras por pasos subterráneos cunha cobertura de auga maior do 70% da anchura do paso, unha profundide superior aos 50 cm, presencia de elementos naturais no seu interior e vexetación de ribeira en entrada e saída da estrutura (ver estudio en inglés sobre pasos para fauna e obras de drenaxe transversal)
Froito da realización deste traballo agromou no alumnado e profesorado a necesidade de continuar traballando na redución da fragmentación provocada polas vias lineais de comunicación. Pero...que é iso da fragmentación do hábitat? Como se recolle no Manual COST 341. Fauna y tráfico as redes de transporte dividen os hábitats naturais en fragmentos illados e crean barreiras entre eles, o que provoca a redución do hábitat para moitas poboacións e dificulta os desprazamentos, impedindoos ou provocando mortes por atropelos.
Parte do impacto desta fragmentación na zona de estudo o vemos representado nestas dúas novas:
Atropelos de fauna salvaxe en Pontevedra
Accidente provocado pola fauna salvaxe
Outras administracións toman medidas para evitar esta mortandade que está minguando unha poboación non suficientemente estudiada como para saber cal é a repercusión sobre a mesma.
https://www.lanzadigital.com/castilla-la-mancha/un-proyecto-pionero-busca-reducir-los-atropellos-de-nutrias-en-peralbillo/
Agardamos non ter outra nova no xornal sobre atropelos de lontras na estrada de Marín-Pontevedra, xa que iso podería significar que se tomaron as medidas oportunas para reducir o impacto desta vía de comunicación sobre a fauna salvaxe. Estas medidas cremos deben incluír: a mellora do paso que sabemos utilizan as lontras para optimizar o seu funcionamento (anchura e profundidade da lámina de auga), o arranxo do valado que evite que as lontras poidan acceder ás diferentes estradas, en especial no punto sinalado polo alumnado, e por último, o aviso a usuari@s destas estradas da necesidade de reducir a velocidade pola presencia destes animais. Propomos ademáis, que se aproveite a oportunidade de por en valor esta especie, sinal de boa calidade das augas, e que noutras cidades europeas utilízase coma certificación dunha boa xestión no referente a conservación da biodiversidade.
Comentarios
Publicar un comentario