Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo 15, 2020

COMBINANDO MANEXO COORDENADAS CON TEOREMAS SEN E COS

Imaxe
Velaiquí un novo exercicio no que podedes por en práctica os vosos coñecementos, por unha banda en cálculo de distancias entre puntos, así como manexo de acimuts, e por outra, da aplicación dos teoremas que estivemos vendo estas últimas semáns, no mundo da topografía. Por favor, remitide as vosas dúbidas en "comentarios", porque así as ven o resto d@s compañeir@s, e incluso vos poden contestar el@s; tede en conta que a aprobación dos comentarios pasan por mín, polo que comprobarei se a resolución da dúbida é acaída. Coma no anterior exercicio, mándovos o enunciado do meu "puño e letra"

Teoremas do Coseno e do Seno

Imaxe
Neste entrada, tentaremos repasar o aprendido en relación aos Teoremas do Seno e do Coseno. Lembrade que o teorema do coseno é unha especie de "teorema de Pitágoras" extendido, porque o podemos aplicar non tan só aos triángulos rectángulos, se non a todo tipo de triángulos. Así, nun triángulo calquera de lados "a", "b" e "c", como o da figura, poderemos calcular calquera dos tres ángulos, alfa, beta ou gamma, aplicando as seguintes fórmulas:  Non temos máis que despexar primeiro o coseno da fórmula correspondente. Se alguén se lía, pode ser recomendable que cambie o cos do ángulo correspondente por unha x, e resolver así a ecuación. Ao final, cando despois de substituír os valores das letras polos números correspondentes, se obteña o valor de x, se aplica a función da calculadora "inversa do coseno", que ven marcada como cos(-1). Para activar esta función inversa, preme a tecla shift e despois a do coseno. Así o

Ordenando o monte e poñendo en práctica o método de división por cabida

Imaxe
Esta entrada ten por obxecto ofrecer unha pequena presentación comentada na que se describe a estructura dun proxecto de ordenación, seguindo as instruccións de ordenación de 1970, cunha secuencia lóxica e que pode axudar a entender os diferentes métodos de ordenación, íntimamente ligados, aos sistemas de corta. https://drive.google.com/open?id=1zLIxdkrr3disqxT_GnNG3pKSCaAvfiGF Ao final da presentación, atoparedes un exercicio que poderedes remitirme ao correo electrónico. Para resolvelo, tedes que aplicar os conceptos xa aprendidos para organizar as talas polo sistema de cortas a feito, e polo método de ordenación de división por cabida. A seguinte entrada será sobre os modelos silvícolas. Tentarei colgar diferentes enlaces para darvos características sobre a xestión de masas mixtas, tendo en conta o temperamento das diferentes especies arbóreas que están sendo do voso interese. Por último, comparto un enlace que facilitou Isaac sobre o procesado da madeira para facer chapa. Fe