Construíndo claves.
Dentro da subclase Dilleniidae (clase Magnoliopsida ou dicotiledóneas) na que se inclúen especies coma o salgueiro (Salix atrocinerea), as cistáceas (en imaxe Tuberaria guttata e Cistus salvifolius), a gabeadora Bryonia dioica, a famosa camelia e o torvisco (Daphne gnidium), tamén temos o orde de Ericales.


Unha familia de grande interese dentro deste orde é Ericaceae, onde atopamos especies coma ..... Arbutus unedo (érbedo), Vaccinium myrtillus (arando), Calluna vulgaris (carpaza), Daboecia cantabrica (queiruga maior) e todas as carrascas, carrouchas, queirugas, quirogas e urces ... que se inclúen no xénero Erica.

Erica é un xénero moi interesante por incluír especies típicas da matogueira galega, moitas melíferas, outras de interese pola súa madeira, e todas por aportar diversidade, alimento e acubillo para moitas especies de fauna. Á vista da segunte táboa, fai unha clave que vala para axudar na identificación das especies do xénero Erica seleccionadas, e se te animas, inclúe outras especies deste interesante xénero que coñezas.
Céntrate nas características que aparecen nas 6 primeiras rengleiras.



Comentarios

Publicacións populares deste blog

Plantas parásitas: a póutega

A lontra e Lourizán (Pontevedra)