CONFECCIÓN MODELOS SILVÍCOLAS


Bos días! Para facilitar o voso traballo de confección dun modelo silvícola que vos interese, vou explicarvos os pasos, utilizando un modelo que estou creando para tres especies: piñeiro de Oregón, pradairo e freixo.


  1. Estudiar os caracteres culturais que definen o hábitat e o comportamento da/s especie/s fronte ás diferentes variables que o definen (autoecoloxía). Para realizar este apartado, vos achego a seguinte táboa, na que a primeira sección describe as características mencionadas. Unha das conclusións que extraeredes, é se as especies seleccionadas e os usos que queredes priorizar son compatibles, e se o son, baixo que condicións.
  2. Buscar exemplos de tratamentos silvícolas experimentados coas especies que sexan do voso interese, consultando bibliografía, experiencias en páx. web especializadas, ..., e cubrir así, a segunda parte da táboa. Nesta segunda táboa, cumpre explicar algún dos campos.

Comp interesp. Trátase, como puidestes imaxinar, de competencia interespecífica. Refírese, sobre todo, de como tratar con aquelas especies que non se consideran principais, e que poderían restarlles vitalidade ás especies obxectivo. Aquí poderemos falar de especies herbáceas que compiten nos primeiros estadíos das plántulas ou arboriñas, das especies de matogueira, ou incluso doutras especies arbóreas que rexeneran á vez que as seleccionadas coma principais. Lembrade sempre que está competencia, básicamente, refírese á loita pola luz, polo espacio aéreo, polo espacio radical, pola auga e polos nutrintes.

Gando (danosrex). Se trata de considerar se o gando pode chegar a ocasionar danos de relevancia.
Indice HB (%). Índice de Hart-Becking recomendado para a especie
TIR: taxa interna de rendemento. É o valor do interese que faría equilibrar os ingresos e os beneficios ao finalizar o turno. Está en relación co VAN (valor actual neto), que podedes calcular con GESMO
Irregular?. Neste campo cubrimos se este tipo de especie se pode tratar coma masa irregular para conseguir os obxectivos que perseguimos.

     3. CONCLUSIONES CARACTERES CULTURAIS. Comparamos o comportamento de cada unha das especies, para estudiar de que xeito podemos compatibilizalas, sen perder de vista os obxectivos do modelo silvícola.


      4. CONCLUSIÓNS CARACTERÍSTICAS SILVÍCOLAS E COMPARACIÓN ENTRE OS USOS ADMISIBLES PARA CADA ESPECIE
Co obxectivo de maximizar a producción de bens e servizos, graduamos como podemos afectar as densidades, as claras, e demáis tratamentos silvícolas, para conseguir extraer os productos planificados e os servizos desexados. Tede en conta que interesa obter rendemento sostido e periódico no tempo, e partide da idea de que a finca ten un mínimo de superficie dunha hectárea.

      5. Por último, aplicaremos todo o aprendido para plasmalo na táboa do modelo silvícola creado, seguindo o esquema que utiliza a Xunta de Galicia, ao que incorporei unhas rengleiras coa idea de melloralo.


    6. Para rematar, cargaremos os modelos silvícolas que aprobemos entre tod@s no aplicativo XORFOR da Xunta de Galicia, coa intención de que nolo aproben, como vías alternativas para realizar unha xestión máis diversa dos montes en Galicia


Seleccionamos o instrumento de xestión: Adhesión a Modelo Silvícola e Engadir ...


Con este procedimiento, estariamos entrando na creación do noso modelo silvícola, para o que logo nos chegaría a aprobación ou non; no caso de respostar negativamente, deberían facelo de xeito argumentado, e darnos un prazo para realizar as correccións necesarias


Seguirei traballando no meu modelo, e vos, seguide cos vosos, empezando, coma no exemplo, coñecendo ben as características culturais das especies seleccionadas. A parte máis complexa, que é a dos tratamentos silvícolas, tentarei facilitárvola colgando no Synology as partes do libro correspondentes a cada especie. Vaime levar un pouco, porque teño que ir fotografando as páxinas do libro para cada unha das especies. No entanto, facede búsquedas en internet, que hai bastante información ao respecto.

Colguei no Synology un arquivo que se chama: EXEMPLO_MSILV.docx

Tamén na miña nube de Drive: 




Comentarios

Publicacións populares deste blog

Plantas parásitas: a póutega

A lontra e Lourizán (Pontevedra)