Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio 24, 2020

A lontra e Lourizán (Pontevedra)

Imaxe
A lontra e Lourizán (Pontevedra) Hai uns días nos chegaba unha nova que se repite prácticamente tódolos anos. Outra lontra atropelada no percorrido Pontevedra-Marín: autovía, ferrocarril, estrada vella, son tres infraestruturas que fan difícil a comunicación das poboacións de lontra que aproveitan a rica ría do Lerez coma fonte de alimento, e se refuxian nas marismas e nos pequenos regatos que desembocan neste tramo da ría de Pontevedra. Parece ser que as lontras combinan o uso de embalses, onde poden atopar alimento abundante, co uso de ríos e regatos, onde atopan refuxios (ver  enciclopedia virtual de los vertebrados españoles ). Este podería ser o caso da ría de Pontevedra con respecto á Gandarela e o río Louriñas, espacios emblemáticos para a Escola de Capataces e unha das áreas onde o alumnado realiza as súas prácticas. https://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/pontevedra/2020/04/13/atropellada-nutria-autovia-marin/00031586770857434180650.htm Existen estudios que vinc