Plantas parásitas: a póutega
Gracias ao interese do alumnado, profundizamos un pouco no mundo das plantas parásitas.
Existen 2 tipos:as que fan a fotosíntese, coñecidas coma hemiparásitas, que son verdes (teñen clorofila), e chuchan saiva bruta (auga e minerais), e as holoparásitas, que non fan a fotosíntese e que chuchan saiva elaborada (auga e hidratos de carbono). Tamén as podemos distinguir segundo o lugar no que se conecta á planta hospedante. Existen plantas parásitas que se insertan no talo, e outras na raíz. Por último, tamén as podemos clasificar en parásitas obligadas, se a planta parásita precisa dun hospedador para pechar o seu ciclo (tódalas holóparasitas), e en parásitas facultativas, no caso de que estas poidan vivir e reproducirse sen necesidade de hospedador, inda que o seu crecemento e desarrollo sexa inferior sen a participación da planta hospedante. Dentro do grupo das hemiparásitas, algunhas son parásitas facultativas e outras obrigadas.
Cuscuta ephytimum, holoparásita de varias leguminosas (foto de Waste-magazine)
Como é de imaxinar, a morfoloxía do sistema radical destas plantas é moi diferente das puramente autótrofas. En realidade fálase de haustorios, estruturas que en 2 fases chegan aos tecidos vasculares da planta parasitada. Na primeira se unen e invaden o tecido da "víctima", e na segunda realizan as conexións necesarias entre tecidos vasculares. Nas holoparasitas os haustorios chegan a xilema e floema, mentres que nas hemiparásitas conectan só co xilema (ás veces tamén ao floema).
Caso do muérdago (Viscum album), hemiparásita obligada. Conexións tecidos vasculares por medio dos haustorios. Extraída de Wikipedia Commons
En Galicia temos unha representación coñecida de 7 familias con especies pertencentes a este grupo (ver táboa)
E todo isto para falar dunha especie holoparásita, a póutega ou mel do raposo (Cytinus hipocistis). Parasita especies da familia Cistaceae (carpazas e estevas), e dentro desta, a carpaza ou carqueixa boiera (Halimium lasianthum). A planta parasitada ou hospedante, atópase en lugares secos e de solo ácedo, vivindo a poútega anclada ás súas raíces e desenvolvendo unha parte aérea rechamante só para florecer, de maio a xullo.
Detalle flor carpaza e mata (Halimium lasianthum). Fotos Cristina Núñez
Estamos pois na época de observar estas lindas flores, que aparecen en pequenos ramos entre a mata dunha carpaza. As flores son unisexuais, atopándose as masculinas na parte central e superior de cada ramo, e as femininas por debajo e hacia fora. Poseen nectarios cun alto contido nunha substancia moi doce que fixo a delicia de moit@s pequen@s no pasado. Estes nectarios teñen por función atraer animais para que estes faciliten o transporte do pole. No caso da póutega, parece que as principais polinizadoras son as formigas.
Póutega (Cytinus hypocistis) nunha mata de carpaza, e detalles de emerxencia e apertura da inflorescencia. Fotos Cristina Núñez (Celanova-Ourense)
A avoa de Cristina conta que a póutega precisa da sombra da carpaza para desarrollarse, pero si o carpazo é demasiado denso e grande, non sae. Nos seus paseos (de Cristina coa súa avoa), viron algunhas flores que estaban no camiño, bastante expostas ao sol, polo que, segundo a avoa, "non se van a desarrollar de todo, xa que a luz solar as queima". A cada flor lle di “teto”, e a forma en que as comía cando era nova era: "nun pano puñan o miolo do pan, por riba unha capa de tetos, e tapando outra capa de miolo. Con todo, facían una pelota que comían con delicia"
"Iso é todo o que lembro dos paseos, das anécdotas e coñecementos de miña avoa", conta Cristina.
Para finalizar, non queriamos deixar de falar doutro interesante grupo de plantas, que se parecen algo ás parásitas das que vimos falar. Aliméntanse do mantillo a traveso dun fungo co que se asocian, formando esta asociación unha micorriza especial (non simbiótica). Un exemplo é Monotropa hypopitys, que podemos observar en Galicia en bosques de piñeiro. O resultado final, é que os fungos parasitados por estas plantas coñecidas como micoheterótrofas, á súa vez forman micorrizas simbióticas con outras plantas. Resulta fascinante e paradóxico que as micorrizas, grandes aliadas de moitas especies vexetais que melloran a súa capacidade de absorber auga e nutrintes gracias aos micelios destas especies de fungos, poidan tamén constituír a vía de acceso a productos fotosintéticos elaborados por outras plantas, contrapartida que reciben das plantas micorrizadas.
A ciencia pouco a pouco vai dando a coñecer esa rede miceliar que conecta sistemas radicais de plantas nai con plantas filla, ou mesmo individuos da mesma especie que se comunican/alimentan gracias a esta grande rede soterrada, soporte fundamental da vida vexetal nos nosos montes, e que quizáis non temos suficientemente en conta. Sen dúbida trátase dunha das compoñentes fundamentais do que se ven en chamar o "Legado Biolóxico", do que falaremos en próximas entradas. Legado, dito sexa de paso, que a avoa de Cristina fai á súa neta, de forma exemplar, nos seus paseos polos montes de Celanova. Gracias, Cristina por compartir ese legado.
Enlaces de interese:
https://floradegalicia.wordpress.com/2019/05/01/cytinus-hypocistis-subsp-hypocistis/
https://www.asturnatura.com/especie/cytinus-hypocistis.html
https://www.floravascular.com/index.php?spp=Cytinus%20hypocistis
http://rocayflor.blogspot.com/2017/05/cytinus-hypocistis-y-cistus-clusii.html
http://www.floraiberica.es/floraiberica/texto/pdfs/08_104_01%20Cytinus.pdf

Póutega (Cytinus hypocistis). Detalles das flores que conforman a inflorescencia. Fotos Cristina Núñez (Celanova-Ourense)

Gracias por la información Jesús, es muy interesante. Con permiso me gustaría añadir un enlace de descarga de un libro que podemos encontrar gratis en la página de gobierno que trata sobre los pátogenos de las plantas descritos en España y en el que se incluyen estás especies como patógenos https://www.mapa.gob.es/es/agricultura/publicaciones/patogenos%20final_tcm30-57872.pdf
ResponderEliminar