METODOS DE MEDICIÓN TOPOGRÁFICA. ALTIMETRÍA-ERROS
Nesta entrada tentamos achegarnos ao cálculo de erros dende o método de medición altimétrica máis sinxelo: a nivelación simple. En concreto, nesta primeira entrada sobre este tema, nos centramos no erro a priori, como aquel que ven dado pola falla de exactitude do aparato, e polo método utilizado; é dicir, é calculable antes da saír a campo para facer o levantamento topográfico. Explicamos os principais métodos altimétricos e planimétricos, para despois, centrarnos nos altimétricos. Dentro dos métodos altimétricos, nos centramos na nivelación xeométrica simple, caracterizada por realizar as medicións de tódolos puntos dende un só emplazamiento para o equialtímetro. Describimos a forma na que se calcula o erro a priori, e propomos unha tarefa despois de resolver varios exercicios sobre o cálculo dalgunas das compoñentes deste tipo de erro. En concreto, aprendemos a calcular o erro vertical, debido á falla de exactitude do nivel, e o erro de punteria, que depende do número de