Publicacións

A BELEZA NA MEMORIA DUN CARBALLO

Imaxe
Todos  temos   unha  historia  na   nosa  vida. Dende que nacemos, vamos creando  unha  serie de  recordos  que nos fan ser como somos.   As árbores que atopamos nas nosas aldeas e nos nosos montes,  tamén  teñen a súa propia historia, e se nos paramos un momento a observalos, podemos darnos de conta,  en moitas ocasións, que non foi fácil para eles a supervivencia.   O  Quercus   robur  que vos veño a mostrar nesta entrada tivo unha vida moi difícil.  Foi  quen de sobrevivir a un  incendio forestal fai moitos anos e ademais,  como podemos observar nas imaxes, ten unha serie de cicatrices derivadas de outros fenómenos:   1. O oco que podemos observar no seu tronco foi froito dun raio que lle caeu hai máis de 50 anos. Iso non detivo a esta árbore para seguir crecendo, xa que vemos que ten una altura e un diámetro cons iderables.   2. A rama seca que ten no lado esquerdo, moitos dirían que se debería cortar por razóns estéticas, sen embargo, dálle personalidade ao carballo,

A lontra e Lourizán (Pontevedra)

Imaxe
A lontra e Lourizán (Pontevedra) Hai uns días nos chegaba unha nova que se repite prácticamente tódolos anos. Outra lontra atropelada no percorrido Pontevedra-Marín: autovía, ferrocarril, estrada vella, son tres infraestruturas que fan difícil a comunicación das poboacións de lontra que aproveitan a rica ría do Lerez coma fonte de alimento, e se refuxian nas marismas e nos pequenos regatos que desembocan neste tramo da ría de Pontevedra. Parece ser que as lontras combinan o uso de embalses, onde poden atopar alimento abundante, co uso de ríos e regatos, onde atopan refuxios (ver  enciclopedia virtual de los vertebrados españoles ). Este podería ser o caso da ría de Pontevedra con respecto á Gandarela e o río Louriñas, espacios emblemáticos para a Escola de Capataces e unha das áreas onde o alumnado realiza as súas prácticas. https://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/pontevedra/2020/04/13/atropellada-nutria-autovia-marin/00031586770857434180650.htm Existen estudios que vinc

Plantas parásitas: a póutega

Imaxe
Gracias ao interese do alumnado, profundizamos un pouco no mundo das plantas parásitas. Existen 2 tipos:as que fan a fotosíntese, coñecidas coma hemiparásitas, que son verdes (teñen clorofila), e chuchan saiva bruta (auga e minerais), e as holoparásitas, que non fan a fotosíntese e que chuchan saiva elaborada (auga e hidratos de carbono). Tamén as podemos distinguir segundo o lugar no que se conecta á planta hospedante. Existen plantas parásitas que se insertan no talo, e outras na raíz. Por último, tamén as podemos clasificar en parásitas obligadas, se a planta parásita precisa dun hospedador para pechar o seu ciclo (tódalas holóparasitas), e en parásitas facultativas, no caso de  que estas poidan vivir e reproducirse sen necesidade de hospedador, inda que o seu crecemento e desarrollo sexa inferior sen a participación da planta hospedante. Dentro do grupo das hemiparásitas, algunhas son parásitas facultativas e outras obrigadas. Cuscuta ephytimum , holoparásita de varias legumi

Flora de Celanova con Cristina

Imaxe
Cristina invítanos a dar un paseo con ela (e co seu can) por Celanova. No paseo, atopamos as especies de flora que aparecen nas seguintes composicións. Se te apetece, indica os nomes, familias e subclases de cada unha das especies que aparecen nas imaxes (podes enviarmas por correo electrónico ou mellor, deixar as túas aportacións en comentarios, explicando número de composición e especies de esquerda a dereita e de arriba cara abaixo). Todas se atopaban en zonas desarboradas na zona de transición entre núcleo rural e monte Malo será que entre tod@s non as deamos identificadas!
Imaxe
Construíndo claves . Dentro da subclase Dilleniidae (clase Magnoliopsida ou dicotiledóneas)   na que se inclúen especies coma o salgueiro ( Salix atrocinerea ), as cistáceas (en imaxe Tuberaria guttata e Cistus salvifolius ), a gabeadora Bryonia dioica , a famosa camelia e o torvisco ( Daphne gnidium ), tamén temos o orde de Ericales . Unha familia de grande interese dentro deste orde é  Ericaceae , onde atopamos especies coma .....  Arbutus unedo  (érbedo),  Vaccinium myrtillus  (arando),  Calluna vulgaris  (carpaza),  Daboecia cantabrica  (queiruga maior) e todas as carrascas, carrouchas, queirugas, quirogas e urces ... que se inclúen no xénero  Erica . Erica é un xénero moi interesante por incluír especies típicas da matogueira galega, moitas melíferas, outras de interese pola súa madeira, e todas por aportar diversidade, alimento e acubillo para moitas especies de fauna. Á vista da segunte táboa, fai unha clave que vala para axudar na identificación das especies do xé
Imaxe
Que especie é? ... e logo, non era un Iris? Cristina atopou esta especie en Celanova, Ourense. Temos dúbidas en canto a especie que podería ser. Velaí as fotos ... Fotos de Cristina Núñez Cal é a intrusa? Enlaces de interese a flora ibérica: http://www.floraiberica.es/floraiberica/texto/pdfs/20_185_01_Iris.pdf http://www.floraiberica.es/floraiberica/texto/pdfs/20_185_05_Xiphion.pdf
Imaxe
Cómo é a inflorescencia de Iris (Limniris) pseudacorus ( espadana amarela ) ? Saen varias flores do mesmo gromo floral? A inflorescencia desta especie é unha cima, polo que non ten un eixo principal do que saen as unidades florais. En cada nó, pode haber un gromo, que pode chegar a desenvolver outra flor. Aquí van dous interesantes enlaces para coñecer mais sobre a espadana amarela, e outras especies de flora do NW peninsular: https://floradegalicia.wordpress.com/2018/11/22/iris-pseudacorus https://www.asturnatura.com/especie/limniris-pseudacorus.html http://www.floraiberica.es/floraiberica/texto/pdfs/20_185_03_Limniris.pdf Nas fotos que nos envía José, podemos observar a complexidade marabillosa desta flor, que ten dous verticilos periánticos (non distinguimos entre caliz e corola), composto cada un deles, de tres pezas, que coñecemos como tépalos. Por se isto non fose dabondo, tamén os estames e os estilos, teñen caracteres que imitan pétalos. En fin, desfrutade das imaxes,