Publicacións

Imaxe
Cómo é a inflorescencia de Iris (Limniris) pseudacorus ( espadana amarela ) ? Saen varias flores do mesmo gromo floral? A inflorescencia desta especie é unha cima, polo que non ten un eixo principal do que saen as unidades florais. En cada nó, pode haber un gromo, que pode chegar a desenvolver outra flor. Aquí van dous interesantes enlaces para coñecer mais sobre a espadana amarela, e outras especies de flora do NW peninsular: https://floradegalicia.wordpress.com/2018/11/22/iris-pseudacorus https://www.asturnatura.com/especie/limniris-pseudacorus.html http://www.floraiberica.es/floraiberica/texto/pdfs/20_185_03_Limniris.pdf Nas fotos que nos envía José, podemos observar a complexidade marabillosa desta flor, que ten dous verticilos periánticos (non distinguimos entre caliz e corola), composto cada un deles, de tres pezas, que coñecemos como tépalos. Por se isto non fose dabondo, tamén os estames e os estilos, teñen caracteres que imitan pétalos. En fin, desfrutade das imaxes, ...
Imaxe
É Arisarum simorrhinum  (herba dos candís) nemoral? Unha pregunta que fai un dos nosos alumnos. Aquí vos deixo a imaxe. O concepto de nemoral que vimos hai uns días, vai ligado a que sexa unha especie de bosque que aproveita a perda da folla do dosel arbóreo para recibir máis luz a finais do inverno para florecer ... Investiga sobre esta especie e comenta se che parece que estas especie poderiamos definila coma nemoral. Quizáis este enlace vos poida axudar: https://www.asturnatura.com/especie/arisarum-simorrhinum.html Foto de Jaime Niño

Que é isto que vemos?

Imaxe
Aprendendo a observar ... as plantas! Nesta serie de entradas, aproveitando a capacidade de ver de cerca os detalles da morfoloxía das plantas, gracias ao mundo da fotografía, tentarei buscar detalles que nos axudan a entender como funcionan as diferentes especies de flora. Animádevos e engadide un comentario sobre o que vos parece que amosa a imaxe, captada en Aldán (Cangas do Morrazo-Pontevedra) hai 10 días.

APLICANDO TEOREMAS SENO Y COSENO EN TOPOGRAFÍA I

Imaxe
Neste video poderes entender mellor como resolver o exercicio que planteamos coa entrada: https://monteslourizan.blogspot.com/2020/03/combinando-manexo-coordenadas-con.html sobre a aplicación dos Teoremas do seno e do coseno, enlazada coa topografía no ámbito de representación gráfica, coordenadas, distancias e acimuts. Para poder seguir mellor as evolucións do video, pego aquí as fotos da resolución no meu cuaderno, que pode complementar o que veredes nos videos de Youtube. Xunto ao primeiro, no que se explica a representación gráfica e o cálculo de distancias, tedes un segundo no que se aplican os Teoremas do coseno e do seno para calcular os ángulos do triángulo formado polos tres puntos do enunciado, e incluso un tercero, no que se averigua o acimut de varias direccións. Vídeos 2 e 3: ATENCIÓN, DETECTADO ERRO AO FINAL DO EXERCICIO!! Unha compañeira detectou un erro e o puxo en comentarios. Eu ao principio non o vía, pero é certo, hai un erro ao calcular...
Imaxe
RESOLUCIÓN SUPOSTO PRÁCTICO DE ORGANIZACIÓN DE TALAS EN PIÑEIRAL DE Pinus pinaster, POLO MÉTODO DE ORDENACIÓN DE DIVISIÓN POR CABIDA (superficie). Organizar as talas dun monte de piñeiro de 52 ha, ordeado por división por cabida (método de cortas: cortas a feito ), nunha zona de Pontevedra próxima á costa. O período de rexeneración a considerar é de 4 anos, e o turno de 32 anos. O propietario quere obter un rendemento constante cada 2 anos. Ter en conta a presencia dun rexenerado de castiñeiro e carballo de 5-15 anos de idade e a existencia dun regato que limita co monte nunha lonxitude de 150 m. Que restriccións teriamos que ter nesta zona de valgada na que atopamos freixa e salgueiro ?. Realiza un croquis que te axude a deseñar os diferentes tramos nos 32 anos que dura un ciclo completo de cortas. POSIBLE SOLUCIÓN Empecemos polas restriccións. Dado que pasa un regato a rente do monte, e supoñendo que ten máis de 2 m de largo (ancho), temos que ...
Imaxe
Bos días! Á vista de que a situación se prolonga, tentarei compartir convosco inquedanzas do día a día, que poden axudar a manter un pouco activa a nosa capacidade de observación e de interpretación da natureza. Aí van unha serie de imaxes, e unha batería de preguntas sobre elas. Se queredes participar, poñede no comentario a vosa interpretación, tentando primeiro, describir o que vedes, e segundo, analizar que pasou para chegar á situación previamente descrita. IMAXE 1. Por que esta cor? IMAXE 2. Isto era un regato. Que pasou?. Como evitalo? IMAXE 3: Era un carballo (Quercus robur). Ten sentido? IMAXE 4. Por que este extrano crecemento no piñeiro (Pinus pinaster) PARTICIPADE!

METODOS DE MEDICIÓN TOPOGRÁFICA. ALTIMETRÍA-ERROS

Imaxe
Nesta entrada tentamos achegarnos ao cálculo de erros dende o método de medición altimétrica máis sinxelo: a nivelación simple. En concreto, nesta primeira entrada sobre este tema, nos centramos no erro a priori, como aquel que ven dado pola falla de exactitude do aparato, e polo método utilizado; é dicir, é calculable antes da saír a campo para facer o levantamento topográfico. Explicamos os principais métodos altimétricos e planimétricos, para despois, centrarnos nos altimétricos. Dentro dos métodos altimétricos, nos centramos na nivelación xeométrica simple, caracterizada por realizar as medicións de tódolos puntos dende un só emplazamiento para o equialtímetro. Describimos a forma na que se calcula o erro a priori, e propomos unha tarefa despois de resolver varios exercicios sobre o cálculo dalgunas das compoñentes deste tipo de erro. En concreto, aprendemos a calcular o erro vertical, debido á falla de exactitude do nivel, e o erro de punteria, que depende do número de ...