Teoremas do Coseno e do Seno

Neste entrada, tentaremos repasar o aprendido en relación aos Teoremas do Seno e do Coseno.
Lembrade que o teorema do coseno é unha especie de "teorema de Pitágoras" extendido, porque o podemos aplicar non tan só aos triángulos rectángulos, se non a todo tipo de triángulos.
Así, nun triángulo calquera de lados "a", "b" e "c", como o da figura, poderemos calcular calquera
dos tres ángulos, alfa, beta ou gamma, aplicando as seguintes fórmulas:





 Non temos máis que despexar primeiro o coseno da fórmula correspondente. Se alguén se lía, pode ser recomendable que cambie o cos do ángulo correspondente por unha x, e resolver así a ecuación. Ao final, cando despois de substituír os valores das letras polos números correspondentes, se obteña o valor de x, se aplica a función da calculadora "inversa do coseno", que ven marcada como cos(-1). Para activar esta función inversa, preme a tecla shift e despois a do coseno.
Así o que facemos é descubrir que ángulo é o que ten por coseno o valor da x calculada.


Unha vez que temos tres lados e un ángulo dun triángulo, aplicaremos o teorema do seno para calcular os dous ángulos restantes. E vos diredes, e diredes con razón, que para qué imos calcular os dous ángulos, se cun sería dabondo ... Calculemos un, pois, e logo seguimos falando.
 O teorema do seno é unha triple igualdade que, en principio, mete medo, porque para @s que non son "amantes das matemáticas", a bote pronto parece de difícil manexo.
Non hai medo!. Simplemente colledes só 2 dos 3 termos da triple igualdade. 
Velaí tedes a monstruosa expresión!
Coma nós coñecemos as tres letras (os lados), e un ángulo, dividiremos o seno do ángulo coñecido polo lado que ten xusto enfrente, que é o que lle corresponde segundo a fórmula. Enfrontaremos o resultado da división a calquera dos outros dous termos, e así poderemos calcular o seno do ángulo; para calcular o ángulo, mesmo sistema que para o coseno, pero nesta ocasión, despois de premer shift na calculadora, pulsamos sobre seno.
Espero que este repaso vos vala para por a proba os vosos coñecementos resolvendo o seguinte ...
ENIGMA!!!
Unha vez resolto mo podedes enviar por correo electrónico.

Feliz confinamiento!


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Plantas parásitas: a póutega

A lontra e Lourizán (Pontevedra)